domingo, 24 de abril de 2005

Robinson soña

Cada segundo fin de semana, Robinson abandona a súa illa para facer unha longa travesía, agotadora física e emocionalmente, só para poder estar cunha nena que aínda non ten 5 anos.
Como Defoe non o conta na súa novela, terei que facelo eu aquí.
Son en total 600 kilómetros, ao cabo dos cales as preguntas sen resposta acaban por formar unha montaña en que as nubes aniñan con demasiada frecuencia.
Sen embargo, Robinson nunca falta á súa cita, como non sexa por un impedimento verdadeiramente invencible. Robinson sabe que, sen estas visitas para recoller a súa filla, nada tería sentido e a illa terminaría convertida nun deserto, árido como ningún outro.
Robinson soña, como todos os pais, co sorriso da súa filla, e por ningunha cousa que haxa ou poida haber na terra cambiaría o sorriso dela cando o ve chegar.
Robinson segue a soñar sen remedio, todos os dias, entre cada segundo fin de semana...

1 comentario:

Moraima dixo...

Robinson peregrinando para ver á súa nena como os europeos peregrinaban a Aachen para ver as reliquias das conquistas de Carlomagno.