domingo, 20 de maio de 2007

Temperatura

De acordo que a Primavera é de seu volúbel, pero en catro días de Maio viñéronnos visitar cos seus rigores Agosto e Novembro.
Se isto non é cousa do cambio climático de marras, baixe Deus a velo.

3 comentarios:

peke dixo...

Eu lembro moitas primaveras iguais, se lle serve de consolo.

X dixo...

Non me sexa vello rancio, seica xa non se sabe adaptar aos cambios desta primavera que nos volve tolos?
:D

Mrs.Doyle dixo...

A min preocúpame moito este baile de grados... Ademáis do que nos afecta a nós, os animais e as prantas sufren considerablemente.
Tamén estou empezando a ter medo polos incendios que podan vir con esa sequía anunciada...