luns, 14 de xuño de 2010

Alicia, de Tim Burton

Sempre hai unha primeira vez para todo. Para que conste, o Sábado á tarde a señorita Kaplan (a quen por certo lle tremían as pernas cando entramos) e eu asistimos á nosa primeira proxección cinematográfica en tres dimensións: a Alicia de Tim Burton, incuestionablemente del e non tanto do reverendo, e na que a escape (nesta peli todos corren) recoñecín sabores doutras películas, coma un dejà vu.
Esta vez levábamos víveres do super, e de cando en vez na penumbra da sala vacía (só éramos seis espectadores coas nosas respectivas gafas), a nena e eu ollabámonos através daqueles óculos como de buzo ou astronauta.
A película gustoume, en xeral, pero o das tres dimensións pareceume un pouco claustrofóbico e completamente innecesario e prescindible; en resumo, unha moda pasaxeira.
Sei que isto mesmo xa antes o dixeron do cine sonoro e logo do colorín, pero así e todo eu voume arriscar a deixalo por escrito.

7 comentarios:

Ra dixo...

Qué opina la Srta. Kaplan?

Ra dixo...

Aquí una decepcionada con Mr. Burton y su versión.

También era mi primera vez. Pero lo de 3D tiene pinta de ser más llamativo en otras pelis... al menos en los trailers lo parecía.

Me quedo con la liebre, la del Sombrerero :)

paideleo dixo...

Hai séculos que non vou ao cine. Terei que animarme con gafas ou sen elas.

mariajesusparadela dixo...

A min pásame coma a paideleo, hai anos que non vou ó cine.

Xan dixo...

Non sei eu si o das tres dimensions será una moda pasaxeira; evolucionará pero desaparecer....

Peke dixo...

Sinto o abandono temporal, pero estiven sen ADSL e con catro cans.
Eu tamén hai moito que non vou ao cine.

Sun Iou Miou dixo...

A min gustoume. Era e foi a primeira peli en 3D que vía, aínda que parece que esta non estaba feita en 3D orixinalmente senón que foi un amaño, non sei ben.

Eu paseino ben, que quere que lle diga?

Houbo un momento en que case pensei que me entraba terra nos ollos, menos mal que levaba as gafas...! ;)