domingo, 1 de xullo de 2007

Comuñón

Onte recibín dúas invitacións.
Pola mañá chama a prima da miña filla; chea de timidez, invítame á súa primeira comuñón o Domingo próximo, e eu alego unha falsa viaxe para non ir.
Excepto o de pai, que naturalmente trouxen comigo, cando marchei de Manderley deixei atrás os títulos de marido, xenro, tío, cuñado, padriño e os vínculos que conlevan, como quen se libera dunha pel, e os que antes eran familiares meus sonme agora e para sempre alleos.
Sei que esta nena de 8 anos que un día apadriñei, e que de cando en vez nos visita en Ithaca invitada pola miña filla, non comprende que os matrimonios se rompen e que as familias se disolven e que o tempo se encarga do resto; son cousas de adultos que, ao parecer, os adultos non souberon explicarlle, e por iso a nena chama e invítame, e eu non irei porque a distancia que vai de Manderley a Ithaca é cósmica e insalvable.

3 comentarios:

Morgana dixo...

Regalo sí le hará a la niña, ¿no?

ANONIMO dixo...

Entendocomprendoecomparto o fin de tódolos "títulos", máis ¿o de padriño?¿o de madriña?....... A ise non rexeitarei endexamáis¡¡¡¡ así caian chuzos de punta. A miña afilladiña é... ANTITODO o que os seus proxenitores, ainda máis seu pai, producen en min. E moi dificil e costoso conseguir obvialo e esquecer de quen é filla, máis a media hora que estou o seu carón unha vez o ano e o ratiño que falo con ela por teléfono ( un día concreto do mes a unha hora concreta na que ela se encarga de collelo auricular) compénsanme. Coido que tal vez a relación sexa diferente; o pasado mes acudín a súa comuñón. Todo o mundo estaba pendente de min, máis non para facilitarme o "tránsito" senón máis ben para o contrario pero.... a pequena pedíramo con tempo e insistencia dabondo argumentada polos 9 aniños que ten. Cértamente o meu colon regresou máis que irritado para moitos días, pero tamén o corazón moi enchido cando lle oín, con todo o mundo o seu redor, -non agora non, agora quero a foto con...

bueno dixo...

eu também me desfiz de muitos títulos passados. Um deles foi o de "blogueiro"