No traballo desde as 8 e media: tres aulas, unha garda, unha reunión de departamento.
Rutina. Brffff.
Café con Ilu: cóntolle como me atopo (aburrido, triste, só) e a conversa do outro día en Manderley; os proxectos (mellor dito, os non-proxectos) para o Verán.
Ás 11'45 café número dous con R. e Ambece: blablabla sen interés, certamente sen resultados.
Saio para a casa ás 13'30: non me atopei mellor en toda a semana, pero estou mal e tomo un lexatin; é o segundo nestes últimos meses.
Espero que a sesión coa psicóloga me levante un pouco a moral, pero non ha de ser así. Na media hora que dura teño que repetirlle toda a miña historia, punto por punto, ab urbe condita. Parece desinteresada, aborrecida; seguramente eu tamén o estaría de ter que escoitar cada día os problemas dos demais.
A verdade é que me fixo mellor o café con Ilu pola mañá que a terapia da tarde coa arxentina. E o meu ánimo está tan baixo mínimos que nin aproveito para lle preguntar cousas en lunfardo dalgún tango de Malevaje, como outras veces.
Ás 6 estou fóra, pensando non volver máis, e baixo á Rúa do Paseo, que está en obras; renovan o pavimento. Entro na Caixa. Vou, con tal de non regresar pronto á casa, a libraría do Paseo: detéñome nos puzzles, logo nos textos clásicos; reviso a frase da Eneida que me ronda a cabeza desde que pola mañá Ambece me preguntou quen era Dido: "Infandum regina iuves renovare dolorem"; tentado, paseo co volume de Gredos baixo o brazo pola libraría; pero vólvoo á estante: decididamente, teño lecturas na casa para varios anos.
O 3 de Maio é o cumpreanos de Vapin, que está entusiasmado coas películas d'O Señor dos Aneis; como regalo, cómprolle O hobbit en tapa dura.
Tomo algo no Plaza e á casa. Hoxe non tomei nada de alcol: só coca-cola para beber.
Chaman miña mai e Polis: dígolles aos dous (por separado, claro) que irei a Ithaca este sábado.