Onte á noite puxeron Amarcord na TCM.
Salvo a escena aquela da estanqueira, o único que lembraba da película era tela visto no Paz, nunha semana de cine, hai moitos anos: tantos que nin me acordaba do divertida que é nin da súa BSO, ao mellor porque as hormonas nunca foron boas para o ouvido e a memoria.
Vin naquela altura (con Laura e sen Laura) tantas pelis de Fellini, Pasolini, Rosellini, Ferreri, os Taviani e Antonioni que rever agora unha delas é, simplemente, como voltar á casa.
Á vista está que a esta non lle falta de nada.
Amosando publicacións coa etiqueta Italia b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Italia b>. Amosar todas as publicacións
luns, 31 de agosto de 2009
sábado, 12 de abril de 2008
Vellos
Escoito na radio que Italia se está a converter nun dos países con máis vellos do planeta; tamén que as cifras de vellos pillados in fraganti mentres roubaban nos supermercados se dispararon na última década porque moitos deles han de sobrevivir con menos de 500€ ao mes.
Por iso rouban comida.
Nas grandes superficies din que os vellos que pillan o que rouban é latas e pacotes pequenos, sempre os máis baratos ou os que están en oferta.
Así, explican os xerentes dos supermercados ao xornalista, os vellos tentan aplacar a conciencia para non sentiren remorsos.
xoves, 7 de decembro de 2006
Sera
Fàltanos o Bocas para sermos tres, e daquela representarmos unha versiòn à romana d'A esmorga. Con efeito, Polis e eu imos dun lado para outro entre chuvascos mecanògrafos e, coma os esmorgantes por Auria, nosoutros entramos no Panteòn, nos Conservadores, en San Giovanni in Laterano a fuxirmos do lìquido elemento.
Pagando a trasnoitada, voltamos para o hotel a facer unha sesta ou algo, e agora, a la sera, sairemos de novo. O noso cuarto cheira a pès, e parece un tendal con tanto calcetìn e tanto pantalòn a secar.
Con estas escapadas minhas a mirar o correo, Polis empeza a sospeitar e a cismar que estou enganchado à Rede. Temo ser descoberto...
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)