Amosando publicacións coa etiqueta Antropoceno. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Antropoceno. Amosar todas as publicacións

mércores, 11 de xaneiro de 2017

Antropoceno

Termo forxado en 2000 polo nobel de Química, Paul Crutzen, para designar a época da historia en que o ser humano adquiriu a inédita potencia de modificar a Terra, de xeito que a pegada da actividade humana ficará para sempre gravada en todo o planeta coma unha liña perfectamente identificable nos estratos que se ha de ver dentro de miles ou millóns de anos en covas ou cantís, e acabará sendo (mal que nos pese aos que vivimos agora) unha referencia permanente para os científicos do futuro.