Amosando publicacións coa etiqueta Ángel González. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Ángel González. Amosar todas as publicacións

domingo, 13 de xaneiro de 2008

Ángel

Almorzando coa radio posta (a miña filla na eterna agonía do colacao que non dá acabado), así me enteiro, e nin dubido en mandar unha mensaxe de pésame (literalmente pésame, sen ningunha ironía, porque sei que para ela non é unha broma) a Tere Holmes, a quen presinto viúva ou orfa despois de tantos anos de admiración, de tantos libros anotados, de tantos versos repetidos, con ou sen alcol mediante.