Amosando publicacións coa etiqueta Napoleón. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Napoleón. Amosar todas as publicacións

luns, 11 de outubro de 2010

Historia


Vin a semana pasada na prensa que os alumnos británicos consideraban que Buzz Lightyear, o máis valente astronauta dos debuxos animados, foi o primeiro home que pisou a superficie lunar.
Tamén vin a semana pasada, pero en directo, como unha aula enteira de 2º de ESO non sabía dicir nada sobre Napoleón, salvo un, a quen lle parecía que fora presidente dos Estados Unidos, e outro que o remachou coa lapidaria frase de hai moitos séculos.