Amosando publicacións coa etiqueta Horóscopo. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Horóscopo. Amosar todas as publicacións

sábado, 22 de xaneiro de 2011

Zodíaco


Que foi daquel tempo en que se daba por suposto que nada hai máis inmutable que os astros?
Cando aínda a moitos nos dura o encabuxamento pola degradación de Plutón a planetoide, agora sabemos que as constelacións do zodíaco son trece e non doce, e que a entrada no nomenclátor oficial de Ofiúco ou Asclepio fai que boa parte dos que éramos de Escorpión sexamos en realidade de Balanza ou, como di algún xornal, fiquemos sen personalidade nin destino.