Primeiro foron despistes, despois era que á tía O. lle patinaba cada vez máis o embrague, agora está claro que perdeu a cabeciña por completo.
Chama ás cinco da madrugada ás casas dos irmáns porque sente as conversas dos viciños conspirando contra elas dúas, e é que está convencida de que as queren botar da casa, unhas veces os caseiros e outras veces o banco. Sabe que ouve mal, pero só de perto: de lonxe entende todo e até distingue as voces de tal e de tal outro, e non repara en que algún deles leva xa anos morto.
A tía G. chora contándoo e di que non pode con ela, que os medicamentos non lle fan nada, e bótalle as culpas do que pasa aos programas da tele, que só saben falar de vellas asasinadas, bandas de albaneses, atracos en plena luz do día, cadáveres agachados e violadores en serie.
Da residencia en que pediron praza non hai noticia, e a tía O. pasa os días sentada nunha butaca cos ollos arroibados de chorar; cando lle pregunto como está, ela mira para as mans que retorcen o paniño e responde: bastante ben, tendo en conta o que nos está pasando.