xoves, 7 de decembro de 2006

Sera

Fàltanos o Bocas para sermos tres, e daquela representarmos unha versiòn à romana d'A esmorga. Con efeito, Polis e eu imos dun lado para outro entre chuvascos mecanògrafos e, coma os esmorgantes por Auria, nosoutros entramos no Panteòn, nos Conservadores, en San Giovanni in Laterano a fuxirmos do lìquido elemento.
Pagando a trasnoitada, voltamos para o hotel a facer unha sesta ou algo, e agora, a la sera, sairemos de novo. O noso cuarto cheira a pès, e  parece un tendal con tanto calcetìn e tanto pantalòn a secar.
Con estas escapadas minhas a mirar o correo, Polis empeza a sospeitar e a cismar que estou enganchado à Rede. Temo ser descoberto...

3 comentarios:

X dixo...

Se non lle importa, faga o que desexe pero se de verdade lle importa... esqueza isto mentres está en Roma e non volva.

morgana dixo...

Noooo! Lleve cuidado: haga caso a X y deje de postear hasta la vuelta.

Mrs.Doyle dixo...

Si, home si. Faga un paréntesis e olvídese desto... Disfrute ao 100% de Roma e de Polis.