luns, 18 de decembro de 2006

Regulamento

Pregunto-me ás veces en que lugar fun caír para dar aulas.
Á certeza de que un aluno meu de 16 anos é o papá da criatura que espera unha aluna do meu centro de 15, une-se agora o rumor de que o próximo Verao, en canto cumpra os 13, casarán polo rito xitano unha rapariga de 1º cun mozo de 21 ao que leva prometida desde que nasceu.
Ao parecer, a principal preocupación dos meus colegas é se teremos que poñer-lle faltas cando non veña e a quen haverá que mandar-llas, se ao pai ou ao marido, e con isto abriu-se un animado debate no que eu estiven por isto de participar para preguntar se a rapariga embarazada poderá desfrutar dun permiso de lactáncia ou ben se terá que amamantar durante o recreo.
Porque isto, estou seguro, non figura no Regulamento de Rexime Interno...

Señor, ás veces parecemos idiotas!

4 comentarios:

Arin dixo...

uf!

X dixo...

Pois si, con todos os respectos.

Mrs.Doyle dixo...

Parece incrible que nestes tempos que corren pasen estas cousas...

a randeeira dixo...

Vivimos nun mundo que vai máis depresa ca nos e, por suposto, cos regulamentos.