xoves, 7 de decembro de 2006

Terceiro dia

Canso e con maniotas, asì comparezo hoxe: venho arrastràndome desde o comedor onde almorcei sò, porque Polis preferiu quedar un pouco màis na cama. Tenho os glùteos entumecidos e as pernas doloridas e os cadrìs cheos de agullas, o que non sei se atribuìr à escalada matinal à cùpula, às carreiras vespertinas polo foro, ou ao descenso nocturno à Roma transtiberina dos efebos pola que me guiou Polis baixo a choiva, como Virxìlio a Dante na procura dun ceo inalcanzable do que escapamos en taxi, moi tarde (ou moi cedo, como se mire).
Sigo enchendo o moleskine con anotaciòns rigorosas das nosas andanzas e visitas; cando regrese a Ithaca espero ir colgando en diferido o relato, expurgado e simplificado.

3 comentarios:

Mrs.Doyle dixo...

Contra as maniotas: sucre1

X dixo...

Vexo que cumpren convenientemente coas súas obrigas de turistas ;)

X dixo...

Ah, esquecíao, non se preocupe, Blue está comendo moi ben :D