mércores, 6 de decembro de 2006

Roma

Este è o primeiro post romano: chegamos onte con premeditaciòn, nocturnidade e un dilùvio que acompanhou o noso aviòn desde Madrid e logo o noso taxi polas rùas de Roma atè un hotelinho con encanto na rùa Magenta, case ao pè da estaciòn Termini.
Acabamos de almorzar: Polis vai no cuarto a realizar as ùltimas abluciòns e eu, co pretexto de mirar o correo e algùn horario de museo ou monumento, corrìn aquì para dar conta da primeira noite. Polis chegou pousòn: como ìa permitirlle que se fose duchar ou desfacer a equipaxe para que as camisas non lle collesen enrugas, cando às 10 da noite Roma aìnda podìa dar moito de si?
Primeiro erro: aproveitando que escampara, decidìn prescindir do metro para asì estirarmos as pernas e ver algo màis; a distància ao centro è màis do que calculei, e atravesar de noite a fantasmal Praza da Repùblica e os tètricos arredores das Termas foi certamente unha baixada aos infernos: vimos vendedores chineses de froita e negros do manta recollendo os postos, pero tamén ionquis, borrachos, e putas. Estava claro que o regreso serìa en bus ou taxi.
O noso obxectivo era a Fontana de Trevi: Polis desexaba tanto cumprir co ritual (hoxe iremos à Boca da Verdade), que aìnda non sei como non se tirou à auga tras as moedas. Foi tamèn o noso primeiro contacto co turismo de masas, e o lugar onde ceamos: mal, pero xa era tarde e quixemos achegarnos ao Panteòn; a pitanza consistiu en cadanseu pedazo de pizza.
Aquì termina a primeira crònica: Polis xa deberia ter baixado, que a Urbe espera por nòs.

5 comentarios:

X dixo...

Xenial esta crónica en directo. Queimen Roma!

Mrs.Doyle dixo...

¿que me di da luz?

D. Rambaut dixo...

Pero non a queimen a feixe, sexan cautos, que ainda queda algunha que outra cousiña digna de ser salva.
Bicos e disfruten.
Daniel
pd: Saúdos a miña prima Domitila, que coidoa anda a malvivir por algún rocho da praza por onde vostedes pasaron.

Morgana dixo...

Al final se fueron... bravo por los 2 valientes!!

paideleo dixo...

Que desfrutedes da viaxe.