xoves, 14 de decembro de 2006

Rato Pérez




A miña filla chama para dicer que me ten que dar unha notícia incrível, pero tan incrível que nen ela mesma podia acreditar: desde onte abala-lle un dente.
O Rato Pérez, no seu domicílio habitual da caixa de galletas, indexa dados e actualiza arquivos: en poucos dias haverá de rebulir baixo a almofada da nena en Ithaca ou en Manderley á procura do tributo dental.
Mentres, fago indagacións no instituto entre as miñas colegas máis experimentadas: nos tempos que corren, o marfin cotiza xa a 1 euro.

9 comentarios:

leco dixo...

Precisamente acaba de caerlle o primeiro ao pelacho. A min de cativa non me traía cartos senón pequenos tesouros que meus pais tiñan agachados de vello, como unha estilográfica ou un anel de cando eran pequenos. Co pelacho fixemos igual e o rato tróuxolle uns pequenos prismáticos que tiñamos gardados.

Morgana dixo...

Un besito para su niña

X dixo...

Non me sexa cutre moderno e esfórcese un pouquiño máis como fan a Leco e o Levantadordeminas :P

Tong Zhi dixo...

Um euro é muito pouco...
he he he

a randeeira dixo...

Polo nordés a inflacción deixase notar... o dente cotiza a máis de un euro.

paideleo dixo...

Eu non sei pero seméllame máis bonito e real que o rato Pérez cambiase o dente por un obxecto e non por cartos.

Arin dixo...

Non faga caso, meu: 1 euro está ben (ou moi mal o fixen eu cos meus pequenos)

Lúa dixo...

...carai pois si que cotiza ben...lástima que xa se me caeron todos....o ratonciño perez sempre bulia e esperaba até que me vencia o sono de tanto esperalo....menos mal que ao fin xa sei quen é porque o vin na tele (...)
bicos!!!

Laurindinha dixo...

Eu nunca crin no Rato Pérez... miña nai era unha cutre e díxome que non existía...