luns, 4 de decembro de 2006

Tirano

Contan os xornais que un dos máis sanguinarios tiranos do século XX sufriu unha grave parada cardíaca, que o seu estado é crítico, que agoniza nun hospital militar.
Debemos ser cautos sen embargo: porque todo podería ser unha mentira, habida conta a catadura moral do indigno personaxe, e porque para que exista unha parada cardíaca é necesario en primeiro lugar ter corazón, e iso non parece probable.
Pero se tristemente fose certo o que contan os xornais, eu non quero que morra: lamento os seus 91 anos e desexo para el unha vida moi pero que moi longa, sen demencia senil, sen alzheimer nen perda de memoria. Unha vida case interminable e con plena consciencia.


Nota: Apesar dos meus desexos de lonxevidade, o devandito individuo entregou a súa negra alma, ou o que fose, coa infinita complicidade do Señor, o día 10 de Decembro.

7 comentarios:

Mrs.Doyle dixo...

Non desexo a morte de ninguén, aunque con casos coma este dan ganas de cambiar de idea...

Manuel Rivas dixo...

Eu a morte tampouco lla desexo, pero que sufra un cacho sí. ¿Son moi malo?

Arin dixo...

Ninguén é malo por desexar longa vida a un semellante (neste caso semellante do mesmo demo)

A Raíña Vermella dixo...

Teño a tele posta e acaban de dicir que se recuperou do seu ataque e que vai ser dado de alta. O médico di algo así como que esta pronta recuperación é "o lóxico" se se trata a tempo. Nun vello de 91 anos? Moi lóxico non me parece que se recupere en catro días dun infarto, moi oportuno por outra banda. Igual é que son un pouco desconfiada...

Xosé Manuel Carreira dixo...

Esa foto do Pinocho mete medo de verdade.

Tongzhi dixo...

Mas este gajo terá tido alguma vez consciência? Acho que não!

Arín dixo...

Si, parece que cos seus bos oficios o vello mellora. Eu por contra deséxolle ó asasino unha morte lenta e dolorosa, e sería unha morte doce para o que merece. Lamento discrepar con vostede, señor Kaplan!