luns, 31 de agosto de 2009

Amarcord

Onte á noite puxeron Amarcord na TCM.
Salvo a escena aquela da estanqueira, o único que lembraba da película era tela visto no Paz, nunha semana de cine, hai moitos anos: tantos que nin me acordaba do divertida que é nin da súa BSO, ao mellor porque as hormonas nunca foron boas para o ouvido e a memoria.
Vin naquela altura (con Laura e sen Laura) tantas pelis de Fellini, Pasolini, Rosellini, Ferreri, os Taviani e Antonioni que rever agora unha delas é, simplemente, como voltar á casa.
Á vista está que a esta non lle falta de nada.


5 comentarios:

mariajesusparadela dixo...

O das hormonas quererá dicir que a viu acompañado...

Sun Iou Miou dixo...

Quen non se sentiu abafado vendo a de Amarcord, que levante a man.

mariajesusparadela dixo...

Boísimo o da rusa, o que non me quuedou claro (nene a vostede tampouco, supoño) e se Seminova era porque non era noviña do trique ou por ser receptora da semente...
¿Gustoulle ver cantos chineses coñezo?

mariajesusparadela dixo...

"quedou, nen,trinque", vou encher duas ou tres follas ...

Ra dixo...

Hombre, hombre... lujazo de cine que me cita.

Mua.