luns, 17 de agosto de 2009

Ánimos


Esta é unha foto das Ánimas que tirei o outro día na igrexa de San Francisco, na Comarca, en cuxa penumbra ardían tan ricamente ao fresco; non miren así tan a fito que non estou entre elas, quero deixalo ben claro, aínda que neste momento a cidade ao outro lado da miña xanela se abrasa ao sol coma a boca dun forno.
Unha sesta, polo amor de Deus, necesito unha sesta!

4 comentarios:

mariajesusparadela dixo...

Pódolle mandar unha octava (mais alta) e facerlle un contralto.

Moito medo nos metían no corpo, porque eso era o purgatorio...como sería o inferno . Ah, sí, xa sei o inferno é Ourense en agosto...

Sun Iou Miou dixo...

O inferno era hoxe ao medio día Peço da Régua. Pero um inferno fermosísimo.

Pharum Brigantium dixo...

Gracias pola corrección , os datos sacáraos da edición local de La Voz de Galicia.

Gracias tamén por pasar, non sei se coñeces estoutro blog:

http://vellaenobrebrigantium.blogspot.com/

Unha aperta!

peke dixo...

Xa virá o inverno, xa.