Non é a primeira vez que me pasa nin ao que parece vai ser a última: unha vez, cando nunha blogue amiga se laiaban das subas no prezo da gasolina e deixei o comentario de que non notaba suba ningunha porque seguía a poñer 20 euros coma sempre, fun corrixido con esmero e paciencia.
Hoxe sucedeume igual cando, con xenerosidade, cariño e idéntica paciencia, a excelente Peke me puxo no meu sitio por hiperenxebre encol dunhas mazás.
Se é que a miña mai sempre o dixo: Con ese humor teu non vas chegar a nada!
6 comentarios:
:D 'As vezes tam'em me passa. Pero a'i a mim d'a-che-me por perder a paciencia, hehe.
Espero que non se molestase, pero non o puiden evitar. Só exerzo de profesora cun alumno de pasantía gratuíta que teño agora, pero as mañas nunca se perden de todo. ;)
Por certo, gústame a cabeceira. A foto é súa, abofé. Ou non?
Eu entendín o chiste do sibarita.
Tamén quero saber, como Peke, de onde é a foto esa.
a foto da cabeceira é miña, foi tirada nos días das grandes xeadas do pasado decembro, en mouse park (ithaca)
a filoloxía é o peor
volvo entrar no seu blog despois de meses de desintoxicación blogueira autoimposta e continúa a ser o mesmo lugar fantástico
parabéns
Publicar un comentario