domingo, 25 de xullo de 2010

Eu xa o fixen. E ti?



O artigo de Carlos Callón, presidente da Mesa, apela nesta ocasión a algo tan natural e simple como galeguizar os nomes propios e restaurar os apelidos deturpados no pasado. Sen complexos.
Eu, que galeguicei o nome hai máis dunha década (cos apelidos non me cumpriu, e é evidente que non me estou a referir a aquel con que asino o blog) non vin que a miña vida cambiase.
Por coherencia, galeguízate.
É o meu desexo no noso Día Nacional.

6 comentarios:

Xan dixo...

Galeguizar o nome e como recuperar as señas de identidade, eu fixeno co nome que era o que cumpria, non me cambiou a vida pero sentinme feliz.
Un saúdo

xenevra dixo...

Bo desexo para un gran día!!

zeltia dixo...

Qué burriña eu, jajaja
pensaba que a imaxe era un enlace a unha páxina onde che dician cómo era o nome de cada un en galego
XD
O meu dise igual en galego e en castelán, pero teño tanta gana de galeguizalo que me pega a gana de cambiarmo por outro!

bueno dixo...

NAo sei...

Sun Iou Miou dixo...

Pois eu non penso (aquí e agora) mudar o meu nome. Que queres? Miña nai era castelá e a mim puxéronme María del Carmen, ainda que todo o mundo, menos a familia e administración, me chama María. Non me apetece nada chamarme nin que me chamen doutra maneira. Non me vexo. Outra cousa sería que tivese os apelidos deturpados. Iso si que o amañaría.

susana moo dixo...

Non o crerás, pero cando me puxen o pseudónimo moo, nin pensei en galego nin en castelán, en todo caso soábame un tanto oriental e me molaba.
Bueno, pois apunteime no facebook e puxéronse en contacto conmigo un montón de familiares Moo, que resultan ser galegos todos eles, daquí ao lado, manda carallo!