Un país é o que fala. Galicia é o Galego. Ninguén pode matar unha lingua. Pero é moi fácil deixala morrer de inanición e abandono. Todos somos responsables de que a nosa lingua reciba a xustiza que merece e as oportunidades que se lle negaron na historia. Que haxa medios en galego importa. Resulta imprescindible para que a nosa lingua viva e medre con futuro. Apoiar ós medios en galego é axudarnos a nós mesmos e o que somos. Resulta cínico e irreal esperar que anos de intervención do mercado a favor do castelán vaian corrixirse sós. Alguén ten que facelo e ten que facelo agora.
Ningunha administración pública deste país pode declararse allea ou ausente cando pechan un tras doutro os xa poucos medios que apostaban pola nosa lingua. Ningunha administración pública pode dicir, sen faltar á verdade, que fixo todo o que podía facer, ou que non hai recursos porque estamos en crise. Demandamos do goberno que poña a vontade política e os recursos que non dubida en poñer para axudar a outros sectores ou medios que non o precisan tanto. Demandamos das administracións públicas que tomen a decisión de axudar aos medios en galego porque é xusto, porque o merecen e porque se lles debe.
Ningún lector ou espectador deste país pode tampouco declararse alleo ou ausente cando pechan un tras outro os medios que se fan na nosa lingua. Os únicos que realmente poden garantir o futuro de calquera medio son os lectores, as audiencias e os anunciantes. Algo falla nun país onde tanta xente se declara amante da súa lingua ou tantas empresas utilizan a galeguidade para posicionarse nos mercados, pero logo non hai nin lectores nin anunciantes para os medios que se fan en galego. A desaparición dos medios no noso idioma non é un problema nin unha responsabilidade da administración, é un problema e unha responsabilidade de todos.

Para asinar este manifesto da iniciativa Os medios en galego importan, aquí.
6 comentarios:
Boa entrada!!!!
Asinado e incorporado foto con enlace no blogue. Grazas por compartir o que é enteiramente importante
xa tiña asinado (vino no feisbu)
isto das sinaturas, non sei eu, imos fartos de asinar en tantos sitios... asinar pouco custa,
facer xa supón máis esforzo.
Ten vostede mal a ligazón, Kaplan: esa non é a de asinar, senón a de ver os que xa asinaron.
A boa é esta:
http://www.osmediosengalegoimportan.com/?p=asinar
Enlace corrixido (as présas é o que teñen). Grazas, Sun.
Bloqueouseme o ordenador duas veces ao intentar acceder, de xeito que xa paso. Doume pena que pechara Vieiros, pero a verdade, eran bastante plumbeos, sobretodo os comentaristas, obsesionados coa lingua, coa lingua, coa lingua.
Eu colaborei alí na campaña electoral, facendo contiños eróticos dos candidatos, e houbo moita xente moi maleducada que me ameazaban no meu correo persoal, chamáronme oportunista por escribir en galego cando normalmente o fago en castelán (xa tiña un libro escrito en galego, e moito máis). En fin, non sei porqué che conto isto, será que como queres pasar unha noite conmigo véxome na obriga de intimar un pouco antes de ;)
Publicar un comentario