Listo, aí o ven: Despois da desfoliación de onte e o transplante desta mañá, do que saíu cun aspecto de pito mollado pouco prometedor, o bonsai está convalecente e aparentemente mantén as constantes vitais na nova maceta que en tempos un pradairo deixou libre. Mañá, se non chove, irei buscar algo de musgo aos chantos que lindan Mouse Park ou polas lousas da Muralla para lle cubrir a terra arxilosa.
E logo a esperar: en poucos días saberemos se a carmona microphylla sobrevive ou se definitivamente acaba convertida, Deus non o queira, nunha árbore de enforcado.
10 comentarios:
Farei votos para que sobreviva ;))
Delicada tarefa a do trasplante dun bonsai, pero co mimo que o fixeches, de seguro que sobrevive.
Un saúdo.
Gútanme os bonsais...esperemos que este tire para adiante.
biquiños!
E cal é a historia do bonsai?
Tiña que tela lido, seguramente, máis non lembro.
Remítame vostede, se pode.
Vai correr bem... faço figas aqui!
Pois con ese nome que a ciencia lle deu, mesmo parece que xa podes irlle buscar musgo á muralla chinesa que a vai palmar seguro (o apelido tampouco é para botar foghetes). En todo caso, eu mándolle unha reguiña de boas vibracións.
--Como estou moi triligüista harmónico estes días, direi que me molou moito o nome de Mouse Park, anque non saiba a cal parque de Ítaca lle das ese nome--
Saúde (e a poñer o reloxo de novo en hora!)
Non te esquezas de botarlle Fertimón!
Eu non me vou mostrar optimista porque a min me morreron todos os que tiven.
(o musgo é especie protexida, en perigo de extinción)
unha vez tiven un bonsai, de eso van vinte anos, casi... cando tiven a Senia, pedínlle (para celebrar) ó que entonces era o meu marido que me regalase un... o pobriño non durou nada, son moi delicados.
ogallá que o teu volva sonrír.
biquiños,
Aldabra
Medo me dá vostede, Kaplan, cando se pon a coidar de seres vivos dependentes...
E teña coidado cando vaia apañar brión, non o apañen a vostede, porque está prohibido.
Publicar un comentario