domingo, 24 de abril de 2011

Bonsai


Listo, aí o ven: Despois da desfoliación de onte e o transplante desta mañá, do que saíu cun aspecto de pito mollado pouco prometedor, o bonsai está convalecente e aparentemente mantén as constantes vitais na nova maceta que en tempos un pradairo deixou libre. Mañá, se non chove, irei buscar algo de musgo aos chantos que lindan Mouse Park ou polas lousas da Muralla para lle cubrir a terra arxilosa.
E logo a esperar: en poucos días saberemos se a carmona microphylla sobrevive ou se definitivamente acaba convertida, Deus non o queira, nunha árbore de enforcado.

10 comentarios:

xenevra dixo...

Farei votos para que sobreviva ;))

Concha López Fernández dixo...

Delicada tarefa a do trasplante dun bonsai, pero co mimo que o fixeches, de seguro que sobrevive.

Un saúdo.

Bolboreteira dixo...

Gútanme os bonsais...esperemos que este tire para adiante.
biquiños!

zeltia dixo...

E cal é a historia do bonsai?
Tiña que tela lido, seguramente, máis non lembro.
Remítame vostede, se pode.

mfc dixo...

Vai correr bem... faço figas aqui!

Chousa da Alcandra dixo...

Pois con ese nome que a ciencia lle deu, mesmo parece que xa podes irlle buscar musgo á muralla chinesa que a vai palmar seguro (o apelido tampouco é para botar foghetes). En todo caso, eu mándolle unha reguiña de boas vibracións.

--Como estou moi triligüista harmónico estes días, direi que me molou moito o nome de Mouse Park, anque non saiba a cal parque de Ítaca lle das ese nome--

Saúde (e a poñer o reloxo de novo en hora!)

Raposo dixo...

Non te esquezas de botarlle Fertimón!

susana moo dixo...

Eu non me vou mostrar optimista porque a min me morreron todos os que tiven.

(o musgo é especie protexida, en perigo de extinción)

Anónimo dixo...

unha vez tiven un bonsai, de eso van vinte anos, casi... cando tiven a Senia, pedínlle (para celebrar) ó que entonces era o meu marido que me regalase un... o pobriño non durou nada, son moi delicados.

ogallá que o teu volva sonrír.

biquiños,
Aldabra

Sun Iou Miou dixo...

Medo me dá vostede, Kaplan, cando se pon a coidar de seres vivos dependentes...

E teña coidado cando vaia apañar brión, non o apañen a vostede, porque está prohibido.