Salvo polas imaxes do anverso e o reverso (a efixie do paiciño Ataturk e a ponte sobre o Bósforo) e polo seu valor, que rondará os 25 céntimos nosos, a tal moeda é idéntica á de un euro, como puidemos comprobar Teddy e un servidor cando recén chegados a Madrid a máquina de bebidas do aeroporto nos soltou as botellas de auga sen protestar, facéndonos felices de compralas tan baratas.
A última de todas deixeina desde aquela no coche para usar cos carros do supermercado; un souvenir útil e práctico como poucos dos que se adoita traer e recibir de viaxes propias e alleas.
Todo isto para contar que hoxe mesmo, nun momento impreciso en que deixei o carro abandonado nalgún dos corredores do supermercado mentres compraba, sen nocturnidade pero con aleivosía e probablemente premeditación, persoa ou persoas decoñecidas roubaron a prezada moediña turca da rañura en que estaba encaixada.
Ningún comentario:
Publicar un comentario