xoves, 10 de xuño de 2004

Pudor

Tanto desexo de me asomar ao mundo através dunha bitácora, e agora o que sucede é que se presenta diante de min algo que non sei ben se será pudor, pero que se non o é parece-se-lle bastante.

Temor de aparece diante de todos, a contar o que me sucede cada dia, o que penso do que me sucede, o que penso dos outros, o que penso do que penso.

E asi, talvez, un dia arribarei.

1 comentario:

Morima dixo...

Para o próximo día ides facer un texto titulado "que pensarán os demais de min"... debo ser egocéntrica a morrer, aínda nunca pensará no tema coa demora suficiente como para lle dar importancia.