Os primeiros chegaron xa hai semanas aos expositores das tendas e ás portas das froitarias, alegres e tentadores, como sempre, coa colorada forma dun corazón.
E ainda que regalar morangos no fin do Inverno non é máis do que regalar morangos, sei perfectamente que ninguén mos vai regalar este ano.
9 comentarios:
morangos igual non... pero podemos regalarlle un anaquiño de cireixa... :)
Vaia, volveu contra todo pronóstico... :)
Nunca me fun de todo...
Non, diso xa nos decatamos. Vostede vaise e "vense" coma os morangos: por tempadas. ´¿non sí?
Daniel
Non existía tampouco unanimidade entre os pronósticos. Alégrome da súa volta.
Eu tamén alédome moito da súa volta.
Non sei exactamente que son os morangos. As chamadas "fresas" comunmente son de orixe americana e en realidade son "fresones". Autóctonas son as fresas silvestres coñecidas como "amorotes" (non sei tamén se "amorodos")que son pequeniñas e se poden atopar en moitos campos de Galiza. Estas últimas son moito máis sabrosas.
pois pida, pida... nós, polo menos, contamos coa volta de robinson
Nunca se sabe, pero...bienvenidos sean unos fresones de Moguer.
;)
Sempre se lle pode regalar outra cousa. :)
Publicar un comentario