domingo, 11 de marzo de 2007

Epílogo

Creo que ás veces hai que soltar lastro, ainda que se trate dalgo que nos acompañou intimamente durante 27 meses, 455 post e muitos comentários. Desde hai unhas semanas, esta blogue está desatendida porque o meu pensamento está lonxe dela, e se a ela volvia ultimamente era só por non faltar a un dever contraído, e porque sempre reneguei daqueles que abandonavan, coma un corpo no campo, a sua blogue á intempérie.
Por iso volvia, pero xa non: Desde hoxe non actualizarei máis; emprendo a aventura en solitário (vaia, é un falar) e sen crónica, e esta blogue vai sen pena nen glória para o limbo das blogues, a reunir-se cos saudosos Cláudio Bueno, señor Pito, Catapulta, Aqui e outros que dormen o sono de paz virtual dos xustos.
Os meus mellores desexos para quen me acompañou no longo e por veces duro camiño a Ithaca, que aqui e agora termina: o mártir Rambaut, Morgana, Alfama, Arín, o señor Pito, X, Cláudio, Willy, Laurindinha, Sara Jess, Nona, Tz, Kiko, o cadelo Cambote, Cesare, Opaco, Alberte, Agripina Roxo, Queue bleue, Levantador, Neofisiologus, Velis, i.a., Leco, Plattdorf, Lúa, Pawley, Paideleo, Randeeira, Peke, Artipractor, Laranxa, Regueifeiro, Raíña Vermella, Ceryle, Aquí, Dolphins, Xanfarín, Gatina e tod@s @s que xunto a Kaplan formaron a fecunda irmandade virtual que por Ithaca transitava.
Até máis ver.

18 comentarios:

leco dixo...

Aínda que a tentación de pedirlle que continúe é grande, comprendo o que di. Por iso só lle vou desexar que procure a FELICIDADE.
Abrazo

Arin dixo...

Acábome de quedar de pedra, non sei que dicir se non é que polo menos espero cruzarme con vde. polas rúas e prazas da nosa Ithaca. Ata sempre daquela, mr. Kaplan.

peke dixo...

Pois vaia, dáme un desgusto, pero que se lle vai facer. Que lle vaia bonito, de corazón. :)

La queue bleue dixo...

Chau, Kaplan, o prazer foi todo meu. Que o caminho seja longo e cheio de aventuras e de experiências; e que sejam muitas as manhãs de verao em que arribes a baías nunca vistas.
Morangos virtuais de quase primavera de despedida. E um beijo.

alfama dixo...

:0 Que magoa!! Perdemos un dos poucos sitios, como diría X, "onde estar ben"... Botarémolo moito de menos.
Un auténtico pracer, señor Kaplan. Moita sorte tamén nos seus camiños.
Beijos.

gatina dixo...

Boa viaxe Kaplan. Espero que so sexa un ata outra... Foi unha verdadeira sorte poder compartir algun dos deus pensamientos.

Plattdorf dixo...

Ohhhh...
Nonnnn...
:-(

A súa despedida déixame unha sensación estrañísima.

Cóidese. E escriba algunha vez.

Mrs.Doyle dixo...

Non o podo crer.
Así, sen máis decide irse e abandoar a esas persoas coas que vostede compartiu a súa cotideanidade durante algún tempo...
Respeto a súa decisión pero non podo estar de acordo...
Trátase dun plantón.

En calquera caso, como a decisión é súa... boa sorte.

Morgana dixo...

Espero que no sea para siempre, Kaplan. Hasta pronto, fue un placer seguirle.

Ra dixo...

Que le vaya bonito.

paideleo dixo...

Que se lle vai facer ?.
Sorte por eses mundos e ata outra !.

opaco dixo...

Que lle vaia ben aí fóra :)

r.r. dixo...

Boa sorte na viaxe...
Ímolo botar de menos.

Mr Tichborne dixo...

lamento a nova (con retraso), pero deséxolle sorte en novas illas, Robinson.

tereholmes dixo...

'Tas tonto?? Después de muchos avatares por los que no he podido visitar tu blog, llego y me encuentro con que ya no vives aquí y no dejas nueva dirección. Ya me había acostumbrado a tener un amigo tarado que contaba su vida en público...Déjate de chorradas y vuelve a casa, a casa vuelve por semana santa...

X dixo...

Ten un convite agardando na Selva:

http://selvadeesmelle.blogspot.com/2007/04/mmmmmsicas-rectificacin-pblica.html

Saúdos.

Anonymous dixo...

Volveu vde?

Alberte dixo...

Vaia! que abandono tan inesperado. Tan só lle desexo o mellor, que non é pouco.