venres, 15 de xuño de 2007

Vivo

Á vista do clamor popular, é mester dar noticias antes de que alguén pense que morreu novamente o blog ou que morrín eu mesmo e me envíen axuda á casa.
Ando tan abafado de traballo que non teño vagar suficiente para poñerme a facer posts, non sei moi ben onde teño a cabeza, ando canso todo o día, pero sigo vivo.
Iso si, nun mundo proceloso e aborrecido: mentres agardo pola nota que me darán en inglés vexo medrar e multiplicarse sobre a miña mesa e dentro do cartafolio, como seguindo unha orde divina, os exames que corrixo en tardes interminables. Repaso e axudo a corrixir unidades didácticas a compañeiras que van á oposición, descubrindo cada día cousas inauditas sobre a lactose, a tundra ou o ablativo absoluto.
Por se non bastase, o futuro tobo está case terminado: os obreiros afánanse agora en pintar o garaxe e retocar o portal, unha vez que as vivendas están xa listas; cómpre, pois, preparar os papeis e buscar a máis guapa moza do baile.

Mentres, o tempo volveu mudar: diluvia sobre Ithaca como no Inverno, e Teddy, desde a súa terra, chama para dicir que está na cama con gripe, esa zorra.

6 comentarios:

sen_identidade dixo...

Habemus "bloge" ¡¡
;-)

peke dixo...

Pois nada, a resistir ata que isto remate, meu rei. Xa queda pouco. :)

peke dixo...

Perdón polo apelativo demasiado cariñoso sen coñecelo en persoa, pero non me puiden reprimir. :)

gatina dixo...

Esa zorra lévaos a todos á cama, non sei que tendrá a gripe que non teña eu. jeje.
Ánimo e non nos abandones tanto tempo.

Morgana dixo...

La verbena va por barrios: yo también tengo pila de exámenes para corregir. ¡Ánimo Mr Kaplan!

Mrs.Doyle dixo...

Nunca choveu que non escampara...