Prometo non falar máis do divorcio de Haddock nin das súas secuelas, pero non podo resistirme a escribir aquí unha pequena historia de terror, aproveitando as datas.
Estábamos onte á noite cos cafés, tras a cea na casa de Polis, e a conversación esmorecía cando comentei que Haddock se está a divorciar; dicir algo así nunha cea con avogados foi como abrir a porta da xurisprudencia, e o eminente letrado amigo de Polis fixo memoria dalgúns casos chamativos.
O máis espeluznante, sen dúbida o da esposa que literalmente levou consigo a metade de todos os bens gananciais: non só do diñeiro do banco, da venda do piso ou a metade dos electrodomésticos e o mobiliario, senón tamén a metade das culleres, dos garfos, dos coitelos, dos pratos das vaixelas, e até os tomos impares da larousse comprada a prazos.
3 comentarios:
Hai xente que leva todo ao extremo.
Parabéns!
;-)
Informeime por aí de que anda de aniversario estes días. Felicidades!
Publicar un comentario