venres, 22 de febreiro de 2008

Kosovo

Ao día seguinte de declarar Kosovo a súa independencia, o presentador das noticias explicaba que por agora non está claro se o novo país se chamará Kósovo ou Kosovo, que a posición do acento depende de cal sexa a minoría étnica que o pronuncie.
Ao escoitalo mentres ceaba, por unha desas estrañas asociacións do subconsciente, acordeime de que curiosamente tamén a nosa terra ten dous nomes, ideoloxicamente falando.
Por fortuna, a cousa só durou uns segundos, e seguín a cear sen preocuparme dos meus propios serbios (os que foren).

3 comentarios:

X dixo...

Desta volta, disinto completamente.

Cesare dixo...

con cosovares coma eses, viva a independencia

X, de que disinte?

X dixo...

De que a nosa terra teña dous nomes ideoloxicamente falando. Pero en fin, tampouco é que me apeteza demasiado discutir sobre ese asunto, claro que se non quero discutir para que digo nada, non? Si, iso penso eu tamén agora :(