sábado, 7 de xuño de 2008

Substituto

Logo non foi tan terrible, como sucede adoito.
Polo menos non o do relevo xeracional e iso, a saber: que, antes ou despois, algún día os alumnos se converten en xuíces, gaiteiros, dentistas, caixeiros de carrefour, pallasos, presidentes do goberno ou profesores substitutos de historia.
Tampouco foi tan terrible que o mangallón viñese tras de min a correr polo vestíbulo (profe! profe!), nin que nos caesen libros e exames como consecuencia do deep impact, nin que me lembre que pasou polo menos unha ducia de anos desde que lle dei aulas en COU, nin que o faga diante dunha marea de alumnos aos que lembrar aquel tempo lles parece como lembrar cando os dinosaurios dominaban a terra.
O peor foi, non hai dúbida, cando me dixo, sacudíndome a mao (eu non podía deixar de mirarlle os aros que lle atravesaban as orellas), que me conservaba moi ben.
(Daquela, admítoo, sentín ganas de matar...)

5 comentarios:

Perry dixo...

Al paso del tiempo tenemos todos que acostumbrarnos, lo queramos o no. Ya ve, seguro que ésto ya le habrá pasado antes.

X dixo...

Á guillotina con el, sen clemencia ningunha GRRRRRRR

peke dixo...

Que horror cando che din iso, pero non hai que lle facer, meu.

gatina dixo...

No sé que será peor, que te digan eso, o que digan:
- Estás mejor que antes.

Entonces... "¿que pasa que con veintitantos tenía peor pinta que rondando los cuarenta????"

Quien tuvo retuvo, pero desgraciadamente el tiempo corre para todos, y no en balde!!!

Si no, que el de los aros recupere alguna foto de esas de cuando era alumno, a ver que tal se "conserva" él...

De todas formas, seguro que era un cumplido, aunque con los cumplidos ya se sabe.

Lúa dixo...

en fin, oes ai uns dias dixéronme "señora" viches?????? non son ningunha señora!!!!!señorita por idade e por condición!!!!cajonacona!