Teño a sensación de que hai moito que non actualizo; tanto que ganas me dan de comezar este post remontándoo aos tempos da miña mocidade ou dalgunha outra. Comprobo no blog que en realidade non é para tanto: tan só unha semana que deu de si como dous meses, e que parece que vai terminar en fuga.
Mañá (por aquilo da montaña e Mahoma) serei eu quen vaia á Comarca para asomarme ao piso e á vida de Haddock, e a ese estraño proxecto de compartir piso e vida con quen non se comparte cama.
Segundo o que un destes días falamos atrapalladamente vía móbil, e como era de esperar, a volta ao mar está a ser moito máis dura do que pensaba o peixe, se se me permite a alegoría.
Veremos.
1 comentario:
Non se me agoníe, que eu tamén ando un tanto desblogada, nin sei se polos tempos, os dous, ou por nada.
Pero igual mañá hai algo para contar, que creo que toca atravesar o río para celebrar un 25 mais na Foz do Lima.
E xa lle deixei recado no Cabaré que non é, pero non estaba de mais enfiarlle aí ao fusil de Robinson un caraveliño vermello.
Apertas
Publicar un comentario