No refrán ("Bendito mes, que empeza con Todos os Santos e acaba con Santo André") non collen Halloween ou o dulcificado Samaín nin dándolles vaselina, pero aí anda a señorita Kaplan toleando cos contos de medo e os calacús que compraron e a teima de ir pedir larpeiradas aos viciños, segundo me contaba onte por teléfono.
Non foi casualidade que a maioría das televisións emitisen onte cine de terror, nin que desde hai días haxa cabazas con dentes pintados nas froitarías e disfraces nalgunhas tendas, nin que até o viciño de diante colgase unha bruxiña de farrapo na porta.
Será que envellezo, pero a min estas tradicións de ida e volta, que lle queren, non me parecen senón unha americanización en toda regra, un produto indesexable da globalización; se tivésemos un presidente como Deus manda, ben máis se debía preocupar por esta vaga alienadora que por derrogar decretos ou atacar a lingua daquela desvergonzada maneira que lle coñecemos.
Non dubido xa que, ao paso que levamos, antes de morrer aínda me tocará ver como os meus netos celebran o día de Acción de Grazas.
3 comentarios:
Yo creo que confundes un poco las churras con las merinas. Una señora comenta en tu blog que ya ella encendía velas dentro de calabazas hace mil años, así que puede que una cosa sea el shamain y otra el haloween. Pero te radicalizas por momentos.
É verdade, señor Kaplan, non hai mil anos, pero hay cincuenta e cinco. Inda onte o falei coa miña irma maior¿ lembras os cabazos que poñiamos no valado da horta do concello ? díxenlle. E lembraba.
América estaba lonxe, daquela, os celtas non.
Cala, cala (calacú), que xa andan por aí os cregos sermoneando en contra. E do resto, xa respondín no texto anterior.
Ao cabo, os irlandeses, que foron quen levaron o costume aos States, son comedores de patacas (americanas?) coma nós.
Publicar un comentario