Teddy, o home que estes días escribía incansablemente postais para boa parte do planeta, termina o seu labor e esculca no plano a oficina de Correos; un funcionario moi amable véndenos os selos coa xa familiar efixie do paiciño Atatürk, e indícanos unha mesa alta e redonda, como de cafetaría, onde combinalos e pegalos.
Era mediodía cando baixamos do tranvía en Sultanahmet, con ansia de depredadores, dispostos a explorar e percorrer o interior da mesquita Azul (onde entramos pola zona que os turistas comparten coas mulleres, que permanecían orando tras celosías de madeira); aínda que non parece moito o ruído, amortecido pola altura das enormes cúpulas, sobre a densa alfombra desenvólvese unha feira semellante ás de case todos os lugares que levamos visitando desde que chegamos: coas cámaras listas e as sandalias nunha bolsa de plástico co nome da mesquita, os visitantes deambulan pola zona autorizada tentando non bater entre eles e agardando con paciencia a quenda para facer a foto.
Antes de xantar aínda visitamos a Cisterna Basílica, sorpresiva e inquietante, cos centos de columnas en penumbra e os seus ecos; sen masificación: o ambiente húmido e a hora de xantar non eran favorables, así que os visitantes corrían polos vaos até o máis profundo, xiraban entre flashes agardando fotografar as cabezas lidrosas da Medusa, e emprendían o retorno á luz exterior.
Nalgunhas zonas, ridículos obxectos artísticos de metacrilato e plástico simulaban criaturas abisais ou de pesadelo: non era preciso, habendo como había enormes e silenciosos peixes vivos, probablemente cegos, a nadaren naquel fondiño de auga como hai mil anos.
O xantar, nun restaurante dunha ruela diante do parque de Gülhane, foi excelente e, como dirían os viaxeiros de antano, reparador: houmus, salada e caril de polo, con cervexa para acompañar e té de mazá como remate das contas e as notas que escribín no caderno.
Teddy foi o primeiro que viu as evolucións e os xogos do rapaz que vendía xelados vestido á moda antiga, todo un espectáculo que servía para aumentar nos nenos a maxia do momento; máis tarde, cando xa avanzábamos polo parque Gulhane en dirección ao Museo Arqueolóxico, tamén foi Teddy quen descubriu un home que mostraba dous coellos brancos nunha gaiola e un galo ben colorido; supuxemos, porque isto é algo que non demos comprobado, que para os nenos se retrataren cos animaliños.

4 comentarios:
...traigo
sangre
de
la
tarde
herida
en
la
mano
y
una
vela
de
mi
corazón
para
invitarte
y
darte
este
alma
que
viene
para
compartir
contigo
tu
bello
blog
con
un
ramillete
de
oro
y
claveles
dentro...
desde mis
HORAS ROTAS
Y AULA DE PAZ
TE SIGO TU BLOG
CON saludos de la luna al
reflejarse en el mar de la
poesía...
AFECTUOSAMENTE
kaplan
ESPERO SEAN DE VUESTRO AGRADO EL POST POETIZADO DEL FANTASMA DE LA OPERA, BLADE RUUNER Y CHOCOLATE.
José
Ramón...
Mola Estambul y parece que le has sacado provecho en fotos y visitas. Me muero de ganas de ver las fotos de Kapadocia.
Fermosas imaxes e unha viaxe moi ben contada, por momentos sente un como un viaxeiro máis percorrendo eses lugares de encanto.
Vese que disfrutaron.
Un saúdo
Escoitei algunhas reseñas da viaxe a Istambul que fixo algunha xente coñecida, pero do palacio subterráneo ése da cisterna non me falaran, ou eu non me enterei,
porque agora fun ó enlace que deixaches (a maneira como falaches deixoume intrigada)
e quedei moi sorprendida do que vin!
Estame gustando esta viaxe da man de vostede!
Publicar un comentario