Que o tempo dos viaxeiros lexendarios rematou para non voltar é evidente: un só coñece persoas que viaxaron a Zancíbar, a Ushuaia ou á China e que o contan como se viñesen de xantar no restaurante do lado.
Pero, aínda asumindo que a nosa viaxe ao outrora lexendario Estambul non tivo nada de heroica, atopar na bicha de Dolmabahçe unha colega do instituto con toda a familia, e por se fose pouco volvelos ver despois saíndo do restaurante onde xantamos, é para pensar en tirarse de cabeza ao paso dun tráiler.
Pero, aínda asumindo que a nosa viaxe ao outrora lexendario Estambul non tivo nada de heroica, atopar na bicha de Dolmabahçe unha colega do instituto con toda a familia, e por se fose pouco volvelos ver despois saíndo do restaurante onde xantamos, é para pensar en tirarse de cabeza ao paso dun tráiler.
Lonxe diso, Teddy e eu seguimos adiante, impertérritos: subimos no elevador até a praza de Taksim, remexemos nos discos e t-shirts polas tendas de Istiklal, tiramos fotos dos vendedores de simit e pitta, explicamos a un casal de portugas que Praza de Taksim non era o mesmo que praza dos taxis, xantamos estupendamente nun restaurante onde, a propósito das hojas de perra que segundo o menú recubrían os yaprak dolma, Teddy (moito máis aberto) socializou co encargado como se fosen vellos camaradas, e ao fin chegamos á Torre de Gálata, desde onde as vistas de Estambul e o Corno de Ouro son tan impresionantes que a un non lle resta outra que tentar roubalas coa cámara, para descubrir despois que en realidade non trouxo consigo case nada do que viu.
3 comentarios:
fun ó enlace que deixas, e a panorámica que se ve dende a torre ésa é realmente para deixar sen respiración.
porse algo documentado en historia e estar aí é para ter unha conmoción emocional.
Lástima estea todo tan masificado; o verán, os paquetes ofertados polas compañías de viaxes non axudan moito tampouco. Ainda que me pega, que inda indo en calquera outro mes do ano, ha haber turistas debaixo das pedras...
claro que probablemente non atopes á tua compañeira, porque tería que estar dando clase, ou non?
cóntoche como anécdota, que un coñecido meu, casado, aproveitando que a muller estaba fora por un deber ineludible, foi a Punta Cana botar unha idem, por un exceso de medidas de precaución na súa vontade de ser infiel,
e... na habitación do lado estaba a mellor amiga da súa muller.
Cousas que pasan.
Lo de tu compi es para morirse, pero tienes razón en que ya no hay viajeros heroicos. Nacimos en una mala época, pero aún nos queda el espacio.
E que o mundo seica é un pano de man! (O único que temos que agardar é que non veña cheo de mocos, como lle pasou ó coñecido de Zeltia...)
Apertas
Publicar un comentario