- Comprar sen falta hoxe os billetes de autobús para Madrid; de camiño, encomendarme a algún santo de amplo espectro para que a folga de metro non interfira na nosa chegada ao aeroporto.
- Comprar dunha vez o Mp3: o outro está tan perdido que nin a miña mai co responso de Santo Antonio puido botar algunha luz sobre o misterio da súa desaparición. Evidentemente, esta vez comprarei algo pequeniño, algo baratiño... etc.
- Comprar paracetamol e os carameliños aqueles de marras (asumamos que son un adicto lambisqueiro e que en Estambul xa se sabe).
- Aparcar os respectivos temas do dentista e o mecánico do coche para cando volte: pagar a viaxe, a baixada do soldo, a suba do IVE e outros números bloquean a miña capacidade de cálculo e agárranme á carteira con teimosía de náufrago.
- Ir cortar o pelo; antes, recortar a barba sen esquecer nariz, orellas e outras zonas abruptas; despois, non esquecer os peliños que asoman do nariz, como patiñas de insecto, e se disparan nas cellas.
- Levarlle á miña sobriña o bonsai; insistir na rega diaria e en que non lle dea o sol. Evacuar as plantas todas para a cociña. Ir levando á dos meus pais a equipamenta da cadela, incluír a documentación e a guía do veterinario, por se acaso.
- Facer un novo cabezallo do blogue para os días turcos.
- Consultar os partes meteorolóxicos e a información sobre a folga do metro nos próximos días.
- Chamar a Polis, Tere Holmes e Calmo para despedirme; tamén a May e Nican, máis que nada por se lles dá por apareceren contando con atoparme.
- Ingresar a pensión da señorita Kaplan e retirar pocket money.
venres, 2 de xullo de 2010
Preparativos
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
12 comentarios:
Súa nai non probou con "santo cristo da lusssss"? ata eu probei en momentos de desesperación e podo asegurar que funciona!
:)
Boa idea o de "recortar" a pelambrera (supoño que és un home que coida a súa imaxe -do tipo "suficiente pero no demasiado"?-)
:)
Leve un libro que sexa adecuado para vacacións, algo lene e de espíritu ledo e déalle vacacións á baronesa!
(tamén podería despedirse dalgunha pranta, por se na sua ausencia falecese, miñas pobres)
Pois que teña unha viaxe magnífica, sen atrancos de metro, nin sorpresas que non sexan todas apaixoantes.
(a ver ese cabezallo do blog!)
Parece boa a campaña publicitaria dos caramelos Solano, ós que eu tamén son algo adicta.
Agardo que disfrute apaixoadamente na viaxe. Eu, desde outra Turquía, resígnome a quedar este ano. Boa viaxe, boa sorte e boa lectura (leve algo máis)
E farei como os nenos pequenos :"e logo, se vas de viaxe que me vas traer?"
Biquiños
Pois, se a foto que pon é do futuro,(non sei que será quén de facer fotos do futuro), leve un chuvasqueiro, porque as nubes que se ven cantan ben alto "Guedello de lá, se non chove hoxe, chove mañá".
Que teña unha boa viaxe e disfrute como eu penso que merece.
Inclúe nos preparativos os preservativos, porque nunca se sabe.
E de casualidade acabo de poñer no meu blog unha lista de libros eróticos moi adecuados para unha viaxe de pracer.
Goza!
Dende logo eu ando na berza; nun posteo seu anterior pensei que xa anunciara o retorno...
Cos consellos que lle dan, penso que vai sair a cousa rodada. Faga caso deles, que dudo moito que provoquen sobretarificación no embarque. Deséxolle que disfrute da ida, que goce na estadía e que retorne con ledicia.
Pois a desfrutar e logo a contalo aquí para os que non imos alá !.
Sorte !.
Boa viaxe, Sr. Kaplan.
X
Mimadriña con tantas cousas que facer , case mellor non sair.
Agardo que disfruten na viaxe.
Un saúdo
Podrías llevar "Muerte en Estambul", de Petros Márkaris.
Por lo demás, ongi ibili!, que es algo así como "buen viaje" en vasco. Y regrese usted pronto.
Pois polo que vexo no cabezallo, xa o pillo a vostede en Istambul. Seguro que o ha pasar moi ben e traerá o peto cheíño de historias coas que nos deleitar.
feliz regreso a Ithaca.
Agora comprendo porque ó chegar ás vacacións fáltanme un montón de cousas, non teño planificación aínda que admiro a súa. Boa viaxe e un saúdo.
Non esqueza lembrarse de min cando pasee polas rúas de Istambul que tantas veces percorrín da man do Pamuk, por fa, pois é máis que probable que eu nunca as vaia pisar con estes peciños.
Publicar un comentario