luns, 19 de xullo de 2010

Solpor


A luz oblicua do solpor bate na Mesquita do Sultán Ahmed, chamada a Azul, facendo medrar as sombras entre as columnas e, no alto, que resplandeza o nome de Deus gravado en ouro sobre os muros.
Vendo voar as andoriñas velozmente sobre nós descansamos de tanta visita sentados ao pé dunha columna nos chanzos do patio interior e falamos, principal e longamente, de sexo hetero e do corpo feminino.
Antes de irmos para o hotel paseamos lentamente polo Hipódromo entre lusco e fusco; demoramos fotografando o Obelisco, a columna Serpentina e a maltratada Columna de Bronce. Corre a xente para os buses, hai nenos xogando á pelota, algún tipo até nos ofrece aneis de ouro para comprar.
Repentinamente, a zona baléirase; no travía ateigado, Teddy acórdase despois de que hoxe haberá partido: o España-Alemaña.


4 comentarios:

mariajesusparadela dixo...

Qué fermosura de fotos, señor Kaplan.
E un final de post abrupto coma un gol.
(nótaselle o oficio)

Aldabra dixo...

vexo que aproveitaches ven a viaxe con moitas excursiós e fotos fermosas... gustaríame ir a TODOS eses lugares e experimentar emocións parecidas as túas.

contache todo moi ben contado.

sinto o do resfriado, espero que xa estés recuperado de todo.

e gustaríame saber que pasou coa tua cadeliña... si foi o non verdade que morreu.

biquiños,

Xan dixo...

Esta visto que o fútbol converteuse nunha pandemia que o baleira todo, aínda que a arte, a beleza dos monumentos e as paisaxes permanecen alleos ao trafego dos humanos.
Bonitas imaxes señor Kaplan.

zeltia dixo...

home mira, diferentes culturas, pero no tocante ó futbol,
coma aquí!
(por algo turquía é dos paises do seu entorno que disque se parece máis a europa)

(as observacións, dos nenos, da maneira de dar a luz, de percibir as sombras, da conversa,
son as que mais me gusta escoitar das viaxes...)