mércores, 21 de xullo de 2010

Vivinos

Probablemente moitos se estean preguntando, a estas alturas da crónica estambulí, como viviría este os dous triunfos consecutivos de España no Mundial.
Pois ben, señores, vivinos sen bandeiras nos balcóns e con só algunhas camisolas da selección que floreceron no autobús e logo no avión que nos trouxo aquí; vivinos agarrado a unha xerra de Efes sen máis entusiasmo que o de Teddy, que me arrastrou a unha terraza inzada de turcos e alemáns a primeira vez, e a seguinte a un antro onde un tipo ouveaba agarrado a un micrófono, como nun karaoke, mentres o persoal bebía agardando os goles; vivinos en territorio hostil porque, saiban, a cousa máis suave que nos dixeron nos lugares en que ceábamos, ou os vendedores que nos vendían, ou o taxista que nos levou, ou os mozos do noso hotel, era (eu nin quito nin poño) que quen merecía gañar realmente era Alemaña.
Vivinos con desidia e cun desinterese que me hei de facer mirar, centrado nas viandas do meu prato, poñendo máis atención no abellón das vuvuzelas que escapaba do televisor e no que sucedía no local que nas xogadas que Teddy me explicou até comprender que me deixaban completamente frío.
Vivinos, si, pero, como sempre, houbo outras cousas que me interesaron moito máis. Agora, de volta aquí, de Estambul lembro o conglomerado de cores e arrecendos do Bazar das Especias, as moreas dos postos, as chamadas dos vendedores...



3 comentarios:

Xan dixo...

O primeiro que se me ocorre ao ver a variedade de cores cos seus imaxinarios sabores e cheiros é que a diversidade é enriquecedora, e unha provocación a esta hora do mediodía

zeltia dixo...

As cores das especias nos mercados deben ser algo impresionante. Houbo días en que me adiquei a buscar no flickr fotografías de mercados de especias, pesno qque ben se podería botar o día enteiro nun mercdo destes, arrecendendo, preguntando...
e diga, os arrecendos chegan a anular a pituitaria?
é unha mestura caótica,
ou sucédense?
ou realmente non se percibe tanto coma coa vista?

Aldabra dixo...

me encantan las imágenes de estas tiendas que tienen de todo... y esa mezcla de olores.

bicos,