martes, 21 de setembro de 2010

Horario

Non lembro ter comezado ningún curso con tan pouquiñas ganas.
Tampouco axuda, desde logo, o estraño horario que me coubo en sorte: entro tres días á primeira hora e saio catro á última, co estómago ferozmente revoltado pola fame; todos os días no meu horario hai ocos vacíos aquí e alí, como nun pan ben levedado ou nun queixo emmental, pero o Martes entre a primeira clase e as seguintes a parcela é como para levantar un Carrefour.
Imposible cambiar nada, nin sequera para empeoralo: se hai unha cousa inmutable neste mundo, esa é o horario que me gobernará a vida os próximos dez meses; nel todo está tan firmemente atado que até sinto non ser paranoico para estar certo de que unha man negra moveu os fíos.

11 comentarios:

Ra dixo...

Tengo que solidarizarme (también) con los alumnos, Kaplan, porque... a primera y a última... ¿cuál es su asignatura? ;D

Chousa da Alcandra dixo...

Faime caso: hai fíos que os moven mans brancas!.

zeltia dixo...

parece que o dos horarios e os profes... e cousa que non contenta a ninguén!
Porque, na liña que apunta Ra,
o meu fillo aderezoume hoxe a comida con todo tipo de herbas referidas aos profesores que lle couberon "en sorte", e os horarios...

pero síntoo por vostede. de seguro atopara´algo con que prantar esas parcelas de tempo baleiras, e calmará a fame meténdolle un bocadilliño a media mañá -que é o que fago eu-
mais solidarízome,
solidarízome

Raíz Verde dixo...

Bom, tome-o com paciência e console-se com o mal de outros... xD

mariajesusparadela dixo...

Hai moitos xeitos de edificar nas parcelas: pode meter unha hora de garda, outra de recibir ós pais, outra de lectura. Pode meter traballiños no xade, pasar notas, poñer faltas. Pode facer una boa tutoría, preparar traballos, correxilos, traballar para as clases.
Ise horario so quere dicir que iste ano traballará menos na casa.
E fará novas amistades...

peke dixo...

Estou con mariajesús: este ano traballará menos na casa.

susana moo dixo...

Dicía sempre unha comadre miña que o que mais lle gostaba do queixo eran os ocos do emmental.
Pois iso, a disfrutalos.

Bolboreteira dixo...

Acabo de aterrar neste blogue..¡intersante!...creo que voltarei.
Moito ánimo con ese novo horario..cuestión de afacerse supoño..eu ando niso.
Saudos

xenevra dixo...

Eu xa vou polo terceiro cambio, a saber como ha quedar!!! As miñas neuronas xa non sei se poden con tanta sorpresa. Pasei de ter nocturno e diurno a unha reducción de xornada, logo completala cpn trangalladas, logo que tiña que ser de especialista, logo que bronca, logo que... Marchei ao café. Os meus ocos están todos cheos de café.
Eu son das que bnon dá traballado no centro e deixo todo para a casa ;))

(só son 10 meses ;))

Aldabra dixo...

ben, hai que ser positivos, a priori o horario parece unha putada pero logo de seguro que encontras algo que facer, por exemplo, si o colexio/insti está cerca da túa casa, podes ir facer as tarefas domésticas, a comida, o a compra... e si non sempre che pode cumprir ler, escribir... seguro que acabas por adaptarte, home, xa o verás.

pídoche que sexas bó cos pequenos porque non sabes o que "marca" un bó profesor, a miña filla cada ano namoraba dalgún... je je je.

biquiños e veña, a por eles.

Aldabra dixo...

e que agora que veño de ler os comentarios ¿ese tempo baleiro tés que estar forzosamente no colexio o non?, e que si non podes saír do colexio e outro cantar, entón tés que ter en conta todas as ideas que che da maría jesús.

bicos,