Neste, ademais, pídeseme que fale desta Ithaca que habito e que, precisamente con este que están a ler, cumpre nada menos que mil e unha entradas.
Canto tempo levas como blogger?
Deixando fóra tentativas anteriores sen importancia, en Decembro fará seis anos.
Como te enteiraches da existencia dos blogues?
Pola prensa, creo. Aí polo 2002 armárase un importante rebumbio nalgúns xornais animando a que cada quen tivese o seu propio blog ou bitácora, e a curiosidade, xa se sabe, matou o gato.
Nomea cinco blogues que sigas diariamente ou con moita frecuencia.
O certo é que visito diariamente máis de cinco, normalmente todos os que na miña columna da dereita aparezan actualizados.
Es lector anónimo dalgún blogue?
Naturalmente. Gústame moito entrar ao chou nun blog e, despois de moverme por el, entrar nalgún dos que ten enlazados para entrar nalgún dos que ten enlazados para entrar nalgún dos que ten enlazados... e así até o infinito ou máis alá, ou até que haxa que ir para a cama case cos ollos resequidos, sabendo que hai que traballar ao día seguinte.
Algúns autores que che acorden especial simpatía.
Aquí voume referir só a aqueles blogues que me serviron de modelo cando empecei, os primeiros que me enlazaron e os primeiros que enlacei. Infelizmente, tres deles morreron e dos seus autores nunca máis se soubo, aínda que confío en que asoman de cando en vez e len o que escrebemos: As túas balas, As crónicas prusianas e O pitiño. O cuarto que vou citar, Gradicela, segue vivo e con saúde, aínda que se actualiza menos do desexable.
Cómpre aclarar que escollín estes porque, efectivamente, deles aprendín o oficio; en xeral, tamén me acordan especial simpatía case todos aqueles blogues que se actualizan regularmente, sexa cal for a súa temática, contido ou intención.
Con que cinco bloggers irías de esmorga?Tería que ser de esmorga virtual. Aínda que algunhas veces non foi doado, sempre rexeitei atravesar a delgada liña vermella do mundo de carne e óso. Algúns bloggers entendérono e outros non.
Con que blogger pasarías unha noite de loucura sexual?
Con quen xa pasei moitas, pantalla por medio: sen dúbida con Susana Moo.
Namorácheste algunha vez dalgún blogger?Unha pregunta tan parva merece unha resposta igualmente parva que non penso dar.
Estás satisfeito co teu blogue?
Pois si. Polo contido, presentación e pervivencia. Se non estivese satisfeito, cambiaríao até estalo; e se non fose posible, teñan por certo que o clausuraría. Amén.
Escolle entre 3 e 5 bloggers para que resposten estas preguntas nos seus blogs.
Eis o terrible momento da estampida que, sen embargo, esta vez non deixarei pasar. Gustaríame que respondesen moitos outros, pero hoxe escollerei para que me respondan o meme a X de Esmelle, Aldabra, Zeltia, Noe Pastor e a Princesa Sigrid.
12 comentarios:
¿Tengo que contestar ahora o puedo esperar a llegar al post 1001?
voltarei logo a leer o resto que ando apurada.
olvidóuseme poñercho antes.
bicos.
Graciñas por acordarte de min. Será o meu próximo post, de verdade. Paréceme un meme interesante.
biquiños,
Felicidades pola presencia, constancia e boas maneiras. Sempre quedarán palabras por unir e sentimentos que mostrar. Un aturuxo.
1001 posteos ben merecen un meme. Eu, se chego aló, tamén penso propor un.
De momento direi que concordo con vostede en varias respostas dadas!
Xa so lle quedan 999 para o dousmil
Vale, recollemos a encomenda...Grazas por lembrarse de min e noraboa polo aniversario. Bicos
Unha noite non é nada!
Unha semaniña enteira!
mimá.
veño ver a encomenda que me deixou, Kaplan, ¿pero levarei eu 1000 post? non creo!, como moito a metade!
aínda así farei o meme [vostede xa sabe que non son moi partidaria deles] pero teñen unha función social e de conexión entre blogues coa que estou moi a favor!
mirarei cantos post levo dende que empecei nisto dos blogues!
Este blogo gústame a min tamén pola súa actualización e a variedade de temas.
A seguir posteando que me dá a impresión de que cada vez somos menos.
Feitos os deberes.
http://selvadeesmelle.blogspot.com/2010/09/meme-dos-1001-posts-de-kaplan.html
Feitos os deberes e traspasado o meme [Susana Moo está pedindo a berros unha boa nadigada! pero a min non me ten respeto ningún]
Me encanta leer los memes que no son memos.
Publicar un comentario