Case cada día desta semana recibín unha postal de lugares que nunca visitei.
Luns, e con algún retraso porque ela xa estaba de volta, a primeira que enviou en toda a súa vida a señorita Kaplan; xa mo anunciara por teléfono: acabo de mandarche unha postal, avísame cando a recibas para que non pase como coa túa de Estambul, dixo como se iso impedise a perda; pois ben, chameina ao mediodía e confirmei ao paso a hora de recollela mañá.
Martes ou Mércores había na caixa do correo unha postal de Nican coa catedral de Palma, a badía con iates e a fachada de Marivent; dado que o mataselos era da Mariña, supoño que a miña amiga esqueceu unha vez máis botala a tempo e volveu con ela para a casa.
Hoxe recibín de Teddy nove vistas de Tarragona e un fermoso texto por atrás sobre a estadía del con Deni xunto ao Mediterráneo.
Polis, que veu Domingo, xa non me manda postais. Chamou un día destes para contar maravillas da praia de Montego Bay, dos cayos e dos portentosos homes de bronce de Xamaica, con e sen rastas. Como non hai cara sen cruz nin gloria sen sufrimento, no regreso perdéronlle a maleta, que seis días despois segue de vacacións nalgún lugar de América do Norte.
7 comentarios:
Acábansenos as vacación, señor Kaplan...
Dígalle án sua nai que teño agullas de recambio, que non dé a máquina por perdida.
Tamén a da fota pasou da miña avoa á miña nai e segue a funcionar sen problema, cun sonido que da gusto escoitar.
Lembroo moito, señor Kaplan: estoulle recollendo figos a cotío.
Foto, quixen poñer. E os figos non os collo para vostede, xa me entende: perífrase verbal nosa.
A maleta xa terá rastas tamén!
Mira que suertudo. Eu xa non recibo postais, só emails. Bueno, non é o mesmo, pero casi, ao fin o importante é que se lembre dun.
Gustábame cando chegaban postais. íaas estendendo no "sobre" da mesa do salón para que os lugares e as palabras acompañasen as miñas tardes. Agora, ás veces, chegan "PPS"... non é o mesmo, o rostro non varia o seu xesto o corazón non latexa forte... GÚstanme as postais!!! Como te envexo!!
Acabo de poñerme o día lendo varios posts; o seu estilo é envexable e unha ledicia poder gozar del.
Eu o máis vello que teño é un patacón atopado entre a terra da miña horta.
¡que gustiño da recibir postais ou cartas!, hoxe en día, xa todo un luxo porque volvémonos moi cómodos e con un sms xa o arranxamos.
biquiños,
p.d.: cheguei de novo o teu blog, mais vale tarde que nunca... espero que hoxe o mañá teña tempo de actualizar co meme.
Publicar un comentario