...porque non me parece xusto que sexan os pensionistas, os desempregados e os traballadores os únicos que paguen unha crise que non causaron.
...porque estou convencido de que o noso Goberno e o seu Presidente non teñen nin idea de como sacarnos dunha situación na que desde logo non nos meteron, pero que toleraron até que estalou e os pillou máis ocupados en negala que en reaccionar contra ela.
...porque é inadmisible que desde agora coa reforma laboral recén aprobada por un Goberno que se chama socialista se facilite e abarate o despedimento dos traballadores tan só porque o patrón prevé que a empresa pode ter perdas.
...porque ningún dos causantes da crise que nos puxo a vida boca abaixo, por moito que se enriquecese especulando, pagou nin vai pagar nunca a súa responsabilidade, mentres con cartos públicos se subvencionou e socorreu os bancos e xestores dos fondos que case nos levan á ruína.
...porque me sinto decepcionado por un Goberno perdido entre cambios e bandazos, máis pendente da cosmética política e mediática que de levar adiante unha verdadeira política de esquerdas e de profundización no laicismo do Estado e os dereitos civís.
...porque me repugna ver como os partidos políticos impiden a verdadeira participación cidadá nas institucións públicas, frecuentemente lixados pola corrupción e centrados sempre en obteren maiores parcelas de poder e recursos. Isto, no caso do principal partido da dereita, chega a niveis de desvergoña insultantes.
...porque, aínda que estou farto de ver como os sindicatos hai anos que só reclaman subas salariais, temo que o fracaso da folga que convocaron nos deixe aos traballadores sen defensa diante do que está por vir.
...porque por primeira vez en décadas as previsións indican que as expectativas da xeración dos fillos poden ser peores que as dos seus pais, e porque eu me resisto a deixarlle á miña filla un país hipotecado e doente despois de que ineptos e aproveitados fixesen o imposible por liquidar o Estado de benestar que soñábamos.
...porque teño dereito a ir á folga e porque podo exercelo, e así o farei tamén en nome dos que igual non o poden exercer.
Por todo iso eu irei á folga o día 29. Motivos sobran.
11 comentarios:
Eu tamén fago folga.
As súas razóns son de peso, pero eu sigo matinando que moi posiblemente chegue tarde esta convocatoria e -temo- dará mais folgos a quen menos os merece.
En todo caso, é un dereito que eu esta vez vou exercitar indo á canteira.
O bo de estar incluido en varios colectivos masacrados e marxinalizados pola crise e o capitalismo en xeral é que non che deixa tempo para pensar en se fas folga ou non... Porque non tes traballo ningún...
Pois a min tocoume servicios mínimos sen producir pero vixiando.
Pois se me perdoe, pero desta volta igual marcho, coma Chousa, á canteira.
Aínda teño que decidilo, pois o meu horario non empeza ata entrada a mañá...
Saúdos.
Pues yo apoyo la huelga. Si Felipe y Aznar tuvieron sus huelgas, este ahora no se va a ir de rositas.
Perry
Non todo o que parece spam é spam.
Sobran os motivos e todos son moi lexitimos, eu a traballar non pq no crea que haxa motivos para esta folga senon porque non está a cousa para xogar co traballo.
Ogallá sirva para algo esta folga ainda que creo que vai tarde.
bicos
ogallá sirva para algo aínda que me temo que non, que os nosos políticos non atenden a razós nin a nada que non sexa o que eles queren para sí.
fixen a anterior a dos funcionarios, a que foi un fracaso, pero esta no me tocou xa que aínda sigo de baixa.
vese que ti e mais X, do blog Selva de Esmelle sodes veciños porque puñéchedes o misma foto da folga.. je je.
biquiños,
Razóns hai dabondo para ir a folga e vostede explicouno moi ben, a cuestión é si vai valer para algo.
Eu teño as miñas dúbidas!
Pois eu non fun á folga.
Estou sin fe. Non creo.
Desfagamos o xogo. Rompamos a baralla. Porque eu estou disposta (creo) a desprenderme do superfluo para que aqueles que non teñen o imprescindible o teñan.
Pero a este xoguiños, non xogo máis.
Publicar un comentario