Entre os que non fumamos, día a día vai nacendo o aburrimento de escoitar conspiracións absurdas e argumentos imbéciles contra a lei; mesmo eu, que acabei hai pouco o libro de Beevor sobre a guerra civil, non me dou librado ás veces da paranoia.
Un día destes o de Historia, que é fumador e sabe de revolucións e pronunciamentos, dixo que a anterior lei antitabaco, a do 2005, foi como a Transición, superficial e compracente, un meter só a puntiña, un quero e non podo, pero que esta é unha lei autoritaria e abusiva.
Hoxe empezamos lembrando aqueles tempos non tan lonxanos en que se fumaba no ascensor, no autobús, no Carrefour, e até nas aulas, onde nunca faltaba un cinceiro na mesa do profesor (aqueles profesores nosos que botaban un pito mentres resolvíamos problemas e ecuacións), cando algo se desencadeou no interior de Chicles no Pelo, que a pouco máis me escalda co café, tal a contundencia con que afirmou que este Goberno noso teima tanto en meterse nas nosas vidas e nas nosas camas que até nos controla como, cando e onde fumar, e iso que ela nunca foi fumadora. Houbo manifestacións de apoio en todo o hemiciclo, e aí o de Física propuxo que, se non teñen pelotas a prohibiren o tabaco, que nos deixen vivir en paz, o que suscitou novas mostras de adhesión.
Cam e eu, encartados nun recanto da mesa como nun ghetto, rillábamos cadanseu cruasán pequeniño lamentando que todo aquel caudal de enerxía non se encamiñase a mellores fins.
Vaia país sería o noso daquela.
11 comentarios:
Chámanse esforzos dignos de mellor causa...qué gasto de enerxía mais parvo.
algúns fumadores usan uns argumentos tan estúpidos que me deixan perplexa.
Pero calquera lle di nada:
canto máis alporizados menos capaces son de ver as barbaridades que din.
Pode que a lei sexa algo excesiva, ou máis ben é que é demasiado complaciente con outras cousas (emisións contaminantes)...
Nin paga a pena falar diso,
podo imaxinarme no seu pelexo, rodeada na cafetería de fumadores cabreados, jajaja
(na miña oficina uns nunca fumaron e outros deixámos de ser adictos xa hai anos)
Dígocho eu.
Eu non falo do tema, pero sigo fumando.
Eu estou totalmente a favor da lei antitabaco, pero calquera llo dí a algúns co cabreo que collen!!
Eu non son fumadora e estou a favor desta bendita lei que xa tocaba.
Algúns fumadores teñen unha boa pataleta e realmente non hai argumentos de peso para defender a súa postura, así que os que dan suelen ser bastante iracionais e sen fundamento.
Polo menos teñen dereito a pataleta..xa pasará.
Bicos!
Cando pasen uns cantos meses deixarán o tema e a normalidade, sin fume, apoderarase do cotiá.
Estase que nin diola nos bares agora!
Eu son pequenofumador, de catro a cinco pitos diarios, ningún nunca antes de xantar. E alégrome de empregar esforzos e reflexións en cousas máis productivas. Encher o cotián de fume non ten sentido, nen excusa. Saúdos.
Digamos que no fondo acabamos por sentir coma un dereito o que é simplemente pisar os dereitos doutras persoas. Desde o meu punto (de vista de fumadora irredenta)esta lei é unha máis, que supoño que hai que cumprir. E de paso, sacamos de enriba fumes innecesarios e deixamos de afumar a quen ás veces nos di "non me importa que fumes" pero que ao mellor se atraganta coa miña fumeira. O que tampouco é moi xusto... Digamos que se cadaquén tivesemos conciencia de que as liberdades dunhas persoas rematan onde empezan as das outras e que os meus fumes incordian a quen elixiu libremente non fumar, de recibo será que eu non o faga. E se son tan cabezuda que sigo insistindo, pois alguén me terá que poñer un límite. Digo eu.
Ademais, polo mundo adiante hai sitios onde non se pode non fumar pola rúa e se imos de turismo, respectamos a norma. A que ven tanta algarabía?
Xa, para tapar problemas de moito máis calado social. Mentres se fala do tabaco non se pensa na xubilación, nin nos recortes sociais, nin nos recortes que aínda nos quedan por facer na función pública, nin...
Un saúdo.
Pois aínda que xa o deixamos os dous, non podo imaxinar un encontro sen compartirmos un cigarro dos nosos.
Máis circo e máis pan. O circo segue a ser o futbol (e mira que a min ben que me gusta)e o pan... O pan é o tabaco.
Publicar un comentario