martes, 11 de xaneiro de 2011

Trafegos

Veu Teddy e marchou Teddy; veu Haddock e marchou Haddock; viñeron os Reis e marchou o Nadal con todo o que agora estorba. 
É o tempo de recollermos ornamentos e desarmar (aínda, a día 11) o nacemento cos montes de musgo á volta do presepio, e de estudarmos as instrucións do microscopio porque non damos visto moito máis que aquela pata de mosca que nos vén de mostra.
Mentres, no portaequipaxes do coche sigo cargando coa vella cociña de xoguete da señorita Kaplan, coma un Apalpador desquiciado á procura dunha nena a quen lla dar.

9 comentarios:

Sun Iou Miou dixo...

Pois si, os lagostinos xa poden respirar tranquilos. Os que aínda respiren, claro.

Canto ó da cociña a min non me mire. Aínda lle son algo inmadura, pero sempre me gustou máis xogar ós médicos.

mariajesusparadela dixo...

Tamén a min me gusta máis o dos médicos. Ainda que, debo precisar, cociño moi ben.

X dixo...

Xa se bota de menos que alguén permaneza, non?

Bolboreteira dixo...

Menos mal que rematou..ou remataba el ou acababa conmigo...... uffff!
biquiños!

A nena do paraugas dixo...

Cada vez cústame máis volver ao ritmo normal, logo de pasar por Noeles, Apalpadores, Reis Magos e demais farándulas deste tempo...
Será que tamén cada vez as cousas e as xentes que veñen con eses personaxes se van máis lonxe e tardan máis en regresar...
Ou será que cada vez creo menos nas bondades e marabillas que acompañan ao solsticio de inverno...


En fin... Para cociñar sempre hai tempo!

Bicos.

Aldabra dixo...

menos mal que eu non poño nin un só adorno.

biquiños,

Son Unha Xoaniña dixo...

menos mal que rematou, xa tiña ganas de quitar a árbore e mais a zarampallada toda, pero agora quedan os xoguetes amontoados nun rincón. Por certo está ben o da cociña, pero eu tamén era mais de xogar aos médicos.

Maribel-bel dixo...

Os trafegos habituais que nos deixan ese sabor a repetitivos, usuais,predecibles..pero necesarios en épocas señaladas. Un biquiño, esperando esa comida ideal de patatas fritas e ovos nun día calquera.

Maribel-bel dixo...

Poño este blog en visualización diaria, a miña dereita, co seu permiso, porque teño moito que aprender e moitos medos compartidos. Un saúdo