domingo, 2 de xaneiro de 2011

Semestre de cine

Do bon, do regular e do excelente, do de onte e do de antonte principalmente, comprado, pirateado, prestado e televisado, e tan só dúas veces visto en sala de cine; nótase a pegada da señorita Kaplan, non xa no aumento do cine infantil e de debuxos, senón tamén na presenza de moito cine clásico, requetevisto polos adultos e que agora a televisión non programa case nunca, pero que a nena non pode quedar sen ver: nada malo hai en que comparta tardes con Hanna Montana e Greta Garbo, con Bob Esponxa e con Gregory Peck.


10 comentarios:

Chousa da Alcandra dixo...

Infórmame a señorita Chousa que a tal Hanna Montana xa medrou e deu o brinco cara o nome de Miley Cirus; así que agora vai ser Kaplan quen terá que conxugar a Gina Lollobriggida con esta rapariga que ameaza con tolear, se é que non toleou xa.

Ra dixo...

Algunos verdaderos peliculones!

Bolboreteira dixo...

Na variedad está o gusto!
Bicos!

mariajesusparadela dixo...

Non sei se lle vai ser doado á señorita Kaplan entender todo iso que amosa de cine clásico.

zeltiavertida dixo...

Moito me gustara a min Rebeca, Testito de cargo e moitos clásicos de intriga.
Por certo que Mogambo pu´xerona hai un par de dias na tele: eu volvina a ver.
No que mais envelleceu a peli é no tratamento que teñen os animais, porqu4e hoxe os que cazarían animais para un circo serían "os malos" non "el chico"

X dixo...

Non quedara de puntuar as pelis en 2011?
:/
Hai unha felicitación de aninovo na Selva.

Raíz Verde dixo...

Cine cine cine cine cine por favor... cantava o Aute :D

Xan dixo...

Non diga moi alto o de pirateado, que anda vixiando a tal Sinde.
Apertas

xenevra dixo...

Non ten que ver coa entrada pero... aproveitando que o Miño pasa por Lugo...
fun ver 18 comidas. Encantoume.
Por sorte nestes lares xa pasou a febre de hanna montana.

Aldabra dixo...

Moitas películas, unha inocentada de película (estou dexesando que se produza esa cita a tres), e unha cea de moreas de anos entre todos… non está mal para cegar ó novo ano. Biquiños,