Ando a ler o sorprendente e por veces altamente recomendable Menú de enganos de Manuel Núñez Singala, un conxunto de relatos breves organizado á maneira da carta de pratos dun restaurante. Para facermos boca, quero copiar o primeiro deles, "Inculturación", da sección Para picar.
Non sen malicia, ilústroo con esta foto de varias meniñas fortemente inculturadas nas manifestacións do ano pasado en Compostela.
Alí parados os tres na espera do verde dun semáforo aparentaban unha posición acomodada: ela ía vestida de domingo, con tacóns, unhas mechas discretas no cabelo e unha estola de pel; el, acabado de afeitar, de traxe azul escuro e gravata a listas, co xornal fresco baixo o brazo. A nena, catro anos, con marcados trazos orientais, levaba un traxe de galega moi "riquiño". De fondo escoitábase a banda municipal tocando "Negra Sombra".
Ela, asegurando o ganchete do seu marido, díxolle:
-Así que la niña te sea un poco más mayor, quiero que vaya aprender chino.
-¿Y luego para qué? -preguntoulle el.
-¿Para qué va ser?, para no privarla de su cultura.
8 comentarios:
Canta miga ten...
Iso de que as árbores non che deixan ver o bosque...
Segundo eu vexo a vaquiña é de onde pace...
De tódolos xeitos que todos coñezamos de herbas doutros pastizais parece constructivo e necesario.
Bicos!!!
Non sei de qué se queixa, señor Kaplan: a muller non falaba galego, pero sabía castelanizar ben as perífrases correspondentes.
(lástima que pensaba que falaba castelán...pero as raíces non estaban perdidas)
Dá que pensar. E moito. O malo é que hai moito quen razone asi e siga o razonamento con feitos!
Saúdos.
Do galego non dixo nada en castelán. Seguro que o asocia como incultura. Así pensan tamén "persoeiros" da Xunta de Galicia.
¡Hai que ser modernos carallo!
Es que esoitándose cosas como esa, uno se decata de que...te manda mucho carallo!.
Saúdos cargados de inculturación
Qué linda foto!
jajaja
boísimo sketch
Publicar un comentario