Hora de xantar: a comida a medio facer, meu pai coma un león na gaiola dun zoo e a miña mai enganchada á tele nun delirio de tiaras, pamelas, palabras de honor e encaixes chantilly.
Se xa estiven na boda dos pais, como non había de estar hoxe na boda do fillo?, resolve ela, toda pancha, camiño da cociña.
7 comentarios:
Hoy todos hemos comido tarde... ;)
Eu hoxe non porei a tele.
Non son eu moi de vodas e menos das de contos de fadas de monarquías.
Un saúdo
Máis do que umha voda parece umha convençom de engendros... E eso que a hemofília semelha que os respectou.
Esto de "ir ás vodas" por TV ten moita vantaxe. Non hai que emperifollarse e, por riba, aforras o agasallo.
(É igualiño que oir misa pola radio. Cando pasan a bandexa, sempre podes apagala).
Saúde
Pois a verdade é que a min pasoume o evento sen pena nin gloria. Sería porque me tocaba traballar e as humildes persoas mortais que traballamos a diario non temos tempo nin gana de perifollos.
Saúdos.
Eheheheh... agora ri-me com gosto!
Publicar un comentario