A idea era pasar os festivos con Haddock na Comarca, despois de marchar a señorita Kaplan.
Ao final non foi posible porque Haddock tiña con el a filla nos festivos e non había cama vacante, así que onte chamei para facer a reserva e asegurarme os Maios en primeira fila.
Ao final non foi posible porque Haddock tiña con el a filla nos festivos e non había cama vacante, así que onte chamei para facer a reserva e asegurarme os Maios en primeira fila.
Falamos de catarreiras, como a que lle asoma polo teléfono, do regreso ás aulas, do absurdo de que nun estado laico teñamos que contar coa Pascua para organizar o curso, da última viaxe dos meus pais.
Supoño que aí, ao falarmos de Italia, foi cando me dixo que non pode facer plans de fugas por se se ten que ocupar da nena a tempo completo, e é que a Salce, a ex de Haddock, lle descubriron hai poucos días un nódulo, moi pequeno, esta vez no fígado, e empezou (ou vai empezar) coa quimioterapia.

7 comentarios:
Falloulle o plan na Comarca.
Pero o peor é enterarse de enfermedades. Sempre se expanden as ondas da dor
Iso sí que non son boas novas.
Mellor non facer plans. Asaltar a vida segundo chega sen deixala escapar, nin un segundiño.
En canto á influencia eclesiástica... non é fácil librarse dela.
Pois moito ánimo. Para todos.
Vaia!! Pois para outra vez será.As veces as cousas tórcense..pero xa se endereitarán.
Biquiños!!!!!!!!!
Eu xa hai anos que non planifico nada, procuro, como moito ter unha idea aproximada do que preciso facer en 7 días. Por iso ás veces se me bota o tempo enriba! Mágoa. Calquera día píllame unha treboada sen paraugas e quedo no sitio mollada e chamuscada por un raio. Pero, que me saquen o bailado, se poden!
Un saúdo.
vaia mala noticia, os tumores son o demo... ogallá que todo saia ben.
biquiños,
Publicar un comentario