Acábanseme os víveres. Teño a neveira que dá pena, pero o peor é que estou farto de dar voltas no tobo, vestido de chándal, como se fose poñer un ovo. O móbil está mudo hai horas. A miña filla, contaxiada telepaticamente de amigdalite, non veu este finde. O cesto de roupa para pasar o ferro fai sinais como un náufrago. A butaca, tras tantas horas sentado nela, repéleme como o asento dun fakir...
Antes que tomar dun golpe os sete sobres de augmentine que me restan ou abrir a chave do gas ou bañarme co secador de pelo conectado, fago memoria de como se viste unha persoa normal, de como se acende un coche, e entón decídome...
... e escapo!
7 comentarios:
Feliz fuxida!
Benvido ao mundo dos virus. Cómo entendo esas sensacions!!!
Ben feito,boa terapia!!!!
Excelente, eso es que ya se encuentra vd. bien. ¡Nos alegramos!
Ese reloxo de aí arriba é terrible!
Está ben de vez en cando unha fuxida desas.
A fume de carozo!!
Así se fai
Publicar un comentario